Ademais de facer un uso ético e legal da información, citar permítenos:
Teremos que citar sempre que mencionemos ou reproduzamos as palabras, ideas etc., doutras persoas, independentemente do soporte e da forma de acceso á información. Isto inclúe todo tipo de documentos: escritos, imaxes, audiovisuais, gráficos etc.
A Ley de Propiedad Intelectual recolle que "Es lícita la inclusión en una obra propia de fragmentos de otras ajenas de naturaleza escrita, sonora o audiovisual, así como la de obras aisladas de carácter plástico o fotográfico figurativo, siempre que se trate de obras ya divulgadas y su inclusión se realice a título de cita o para su análisis, comentario o juicio crítico. Tal utilización solo podrá realizarse con fines docentes o de investigación, en la medida justificada por el fin de esa incorporación e indicando la fuente y el nombre del autor de la obra utilizada".
Non obstante, non é necesario citar cando se trata de feitos ou coñecementos do dominio público ou amplamente compartidos por unha comunidade científica; é dicir, os feitos e ideas que son coñecidos por moitas persoas e polo tanto non é necesario citalo. Por exemplo:
Felipe González foi elixido presidente no ano 1982.
Colón descubriu América en 1492.