Os estilos de citas son un conxunto de normas que indican a forma de realizar as citas e as referencias, coa finalidade de que sexa máis doado identificar e localizar a información utilizada, permitindo entendelas internacionalmente.
As diferenzas entre os distintos estilos consisten, principalmente, en:
Este é un exemplo da referencia bibliográfica dun artigo de revista, de forma distinta segundo o estilo:
Estilo APA:
Rodriguez Castilla, L. (2009). Le resulta difícil hacer la bibliografía: Los gestores de referencias bibliográficas pueden ayudarlo. Acimed, 19(2)
Estilo Vancouver:
(1) Rodriguez Castilla, L. Le resulta difícil hacer la bibliografía: Los gestores de referencias bibliográficas pueden ayudarlo. ACIMED 2009 Feb 1; 19(2).
Non existe unha normativa única, senón que conviven diferentes normas e estilos que se empregan nas distintas ramas da ciencia.
Estes son os estilos máis empregados nos distintos ámbitos: