Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Estilo ACS

O Estilo ACS é o adoptado pola American Chemical Society e o máis empregado no ámbito da Química.

Esta guía está baseada na 3ª edición de  "The ACS style guide : effective communication of scientific information", que proporciona directrices  sobre todos os aspectos do proceso de escritura, incluíndo as normas para citar no texto e a elaboración das referencias bibliográficas. Non obstante, as recomendacións establecidas nese manual non coinciden coas publicacións actuais da ACS.