Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Perfil de Google Académico

Que é Google Académico

Google Académico (Google Scholar) é o buscador de Google especializado en documentación científica e académica. Recupera os resultados desde editoriais, páxinas de universidades e outras institucións científicas, repositorios, bases de datos etc.

Que ofrece Google Académico?

  • Inclúe resultados en moitos idiomas, de ámbitos xeográficos diferentes e de todos os ámbitos temáticos.
  • Inclúe moitas tipoloxías documentais: non só artigos científicos senón tamén, comunicacións, informes, teses, patentes etc.
  • Facilita o acceso ao texto completo dos documentos e podemos configuralo para que localice os documentos nos recursos da Biblioteca da Universidade de Vigo.
  • Inclúe para cada resultado outros traballos que o citaron.
  • Permite crear perfís de autor/a que agrupan os traballos de cada persoa coas citas recibidas e indicadores bibliométricos.

Pero...

  • Cómpre peneirar os resultados: podes atopar artigos publicados nas revistas científicas máis prestixiosas ao carón de programas de materias universitarias, traballos académicos de escaso valor etc.
  • Non existe un control de calidade das fontes polo que é posible que haxa erros nos resultados.
  • A súa cobertura é imprecisa: Google non dá a coñecer as súas fontes.
  • O sistema de busca é moi básico e ofrece poucas posibilidades de filtrado.