Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Perfil de Google Académico

Exportar publicacións a ORCID

Podes exportar a ORCID as publicacións que teñas incluídas no teu perfil de autor/a de Google Scholar Citations por medio dun ficheiro BibTeX.

  • Accede ao perfil de autor/a en Google Scholar Citation.
  • Selecciona os artigos a exportar (todos ou unha selección). Preme na pestana "Exportar-> BibTeX". A continuación, garda o ficheiro de extensión .bib no teu ordenador.

  • Entra no teu rexistro ORCID e no apartado "Obras" preme en "+Agregar->Añadir BibTeX"

Engadir publicacions a ORCID

  • A continuación, escolle o arquivo BibTeX para importar:

Obras Importar BibTeX

  • As publicacións do ficheiro aparecerán nunha lista. Escolle as que queiras importar (todas ou unha selección) e preme en "Importar obra a su registro" para incorporar as obras seleccionadas ao teu rexistro ORCID. As publicacións aparecerán de maneira automática no apartado "Obras" do teu rexistro, co teu nome como fonte. Se queres corrixir ou completar algún dato da descrición da publicación, preme na icona do lápis "Editar". Despois de revisares os datos, preme en "Guardar".

​​​​​​​