Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Perfil de Google Académico

As publicacións no perfil de autor/a

Cando creas un perfil, as primeiras publicacións que aparecen nel son as que seleccionas de entre as que Google Académico che suxire.

Unha vez creado o perfil, tes outras opcións para engadir publicacións. Preme no símbolo "+" e no menú desplegable, selecciona a opción que corresponda (engadir grupos de artigos, de forma individual, manualmente, etc):

  • Engadir grupos de artigos: realizando unha busca por nome, temática, palabra clave etc, aparecen grupos de artigos. Podes engadir todas as publicacións dun grupo ou acceder a un grupo e seleccionar as que queiras engadir.
  • Engadir artigos: realiza unha busca de publicacións individualmente e selecciona as que queiras engadir.
  • Podes engadir publicacións manualmente, mesmo as que non están indexadas en Google Académico
  • Configurar as actualizacións de artigos
    • Se na configuración escolles a opción “Aplicar actualizacións automaticamente”, Google Académico engadirá de xeito automático aquelas publicacións nas que coincida o nome dun dos autores/as co nome do teu perfil. Isto pode facer que se incorporen publicacións incorrectamente, polo que debes revisar o perfil para eliminar aquelas que non son túas.
    • Se na configuración escolles a opción “Envíame actualizacións por correo electrónico para que as revise”, Google Académico só engadirá aquelas publicacións que ti confirmes desde o correo electrónico que recibes.
  • Podes eliminar publicacións. Para que se amosen os botóns  "Combinar, eliminar e exportar" debes seleccionar antes as publicacións.

  • Podes editar a información de cada publicación. Preme sobre o título e, a continuación, abrirase unha pantalla onde podes "Editar" (modificar o título, autores/as, data de publicación etc.) ou "Eliminar".