Google Académico ofrécelles aos autores e ás autoras unha ferramenta para que poidan controlar as súas publicacións, as citas que reciben e algúns indicadores bibliométricos. Se o perfil é público, outras persoas poden acceder a ese perfil desde os resultados de busca en Google Académico premendo sobre o nome. Tamén aparece como primeiro resultado cando realizamos unha busca por nome persoal.

Google Académico permite facer un seguimento das publicacións propias ou de outras persoas. A opción “Seguir” activa un sistema de avisos no correo electrónico cando:
Cada perfil de Google Académico está identificado cun código que se coñece como Google Scholar ID.
Para localizar o identificador, na URL do perfil selecciona os caracteres que se atopan entre os signos = e &.
Por exemplo: