Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Perfil de Google Académico

As citas e os indicadores bibliométricos

O perfil de Google Académico inclúe para cada publicación o número de traballos que o citaron. Cando prememos nese número podemos ver cales son eses traballos citantes.

Ademais, no perfil de autor/a aparecen os indicadores bibliométricos calculados a partir das publicacións incluídas no perfil:

  • Número de citas total e dos últimos anos e o gráfico correspondente.
  • Índice h: indica o número h de artigos que recibiron cando menos ese mesmo número de citas.
  • Índice i10: número de publicacións que foron citadas como mínimo 10 veces, en total e nos últimos anos.

Máis información: axuda do perfil de Google Scholar

Algunhas precaucións cos indicadores bibliométricos de Google Académico

Os indicadores bibliométricos dos perfís de autor/a en Google Académico calcúlanse en función das citas recibidas en Google Académico polas publicacións incluídas nese perfil.

Cómpre ter en conta:

  • Que se o perfil inclúe publicacións que non son desa persoa, os indicadores non serán correctos.
  • Que se faltan nese perfil publicacións desa persoa, os indicadores non serán reais.
  • Que Google Académico inclúe documentos que non son traballos científicos (como traballos académicos, guías docentes, presentacións etc.) que poden estar tamén entre as publicacións citantes.
  • Que Google Académico pode contabilizar dúas ou máis veces unha única cita, se esa publicación citante está duplicada (ou triplicada etc.) en Google Académico.