Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Estilo ACS

Referencias de artigos de revista

Apelido(s), Iniciais autor/es do artigo. Título do Artigo. Título abreviado da Revista en cursiva.  Ano en grosa, volume (nº), páxina(s).
  • A primeira letra de todas as palabras principais do título do artigo irán en maiúscula.
  • O título da revista irá en cursiva e abreviado, agás que o título sexa unha soa palabra. Engádese un punto final só cando a última palabra do título está abreviada.
    Consultar os títulos abreviados das revistas en Chemical Abstracts Services Source Index (CASSI). 
  • O ano de publicación vai en letra grosa seguido dunha coma tamén en letra grosa.
  • O número de volume é obrigatorio indicalo nas publicacións que teñen máis dun volume. Ponse en cursiva e separado da paxinación por unha coma tamén en cursiva.
  • Se cada número dunha revista comeza coa páxina 1, indicarase a continuación do volume e deixando un espazo o número da revista entre paréntese . 
  • Na paxinación pode indicarse un rango completo de páxinas (o máis recomendable) ou poñer só o número inicial.

Exemplos:

Cockram, P. E.; Walters, B. T.; Lictao, A.; Shanahan, F.; Wertz, I. E.; Foster, S. A.; Rudolph, J. Allosteric Inhibitors of the SARS-COV-2 Papain-like Protease Domain Induce Proteasomal Degradation of Its Parent Protein NSP3. ACS Chemical Biology 2024, 19 (1), 22-36.

Aldizzone, C.; Gan, L.; Hodnik, N.; Keeley, G.P.; Kostka, A.; Heggen, M.; Strasser, P.; Mayrhofer, K.J. Stability of Dealloyed Porous Pt/Ni Nanoparticles. ACS Catal. 2015, (9), 5000-5007.

Caruso, R. A.; Susha, A.; Caruso, F. Multilayered Titania, Silica, and Laponite Nanoparticle Coatings on Polystyrene Collodial Templates and Resulting Inorganic Hollow Spheres. Chem. Mater. 2001, 13, 400-409.

Apelido(s), Iniciais autor/es do artigo. Título do Artigo. Tit. Abreviado da revista en cursiva [En liña] Ano en grosa, Volume (nº), Páxinas. URL (consultado día mes ano).
  • Aínda que pode haber varios tipos de publicacións periódicas en liña, a maioría segue o modelo das fontes impresas engadindo a información de localización e acceso.
  • A primeira letra de todas as palabras principais do título do artigo irán en maiúscula. 
  • O título da revista irá en cursiva e abreviado, agás que o título sexa unha soa palabra. Engádese un punto final só cando a última palabra do título está abreviada.
    Consultar os títulos abreviados das revistas en Chemical Abstracts Services Source Index (CASSI). 
  • O ano de publicación vai en letra grosa seguido dunha coma tamén en letra grosa. 
  • O número de volume é obrigatorio indicalo nas publicacións que teñen máis dun volume. Ponse en cursiva e separada da paxinación por unha coma tamén en cursiva. 
  • Se cada número dunha revista comeza coa páxina 1, indicarase a continuación do volume e deixando un espazo o número da revista entre paréntese .
  • Na paxinación pode indicarse un rango completo de páxinas (o máis recomendable) ou poñer só o número inicial.


Exemplos:

Marucho, M.; Kelley, C. T.; Montgomery Pettitt, B. Solutions of the Optimized Closure Integral Equation Theory: Heteronuclear Polyatomic Fluids. J. Chem. Theory Comput. [En liña] 2008, 4 (3), 385-396. http://pubs.acs.org/doi/abs/10.1021/ct700202h (consultado 13 xaneiro 2021).

Zubarev, A. A.; Larionova, N. A.; Rodinovskaya, L. A.; Mortikov, V. Y.; Shestopalov, A. M. Synthesis of 2,5-Asymmetrically Substituted 3,4-Diaminothieno2,3-b]thiophenes by Domino Reaction. ACS Comb. Sci. [Online] 2013, 15, 546-550. http://pubs.acs.org/doi/ipdf/10.1021/co400069v (accessed Aug 19, 2023).