- Os datos para a elaboración da referencia bibliográfica obteranse do documento ao que se refire, sempre que sexa posible.
- Transcribiremos os datos do documento citado na forma e idioma no que aparecen, pero tendo en conta que algúns elementos podemos adaptalos á lingua empregada na redacción do noso traballo.
- Cada referencia contén xeralmente os seguintes elementos: autoría, título, editorial, lugar e data de publicación.
- Todas as referencias deben terminar cun punto.
- Nos autores colócase en primeiro lugar os apelidos seguidos das iniciais do nome.
- Na referencia inclúense todos os autores separados por punto e coma.
- No lugar de publicación indicar a cidade e o estado para as cidades de USA e a cidade e o país para outras cidades de fóra de USA. Para indicar o estado indícanse as abreviaturas postais de dúas letras. O país indicarase co seu nome ou unha abreviatura estándar. O país ou estado non é necesario se a cidade é sobradamente coñecida e non pode confundirse con outras cidades do mesmo nome.
Nota:
O estilo ACS establece que nas referencias dos documentos electrónicos se debe incluír a expresión [En liña], a URL ou enderezo en internet do documento e a data de consulta. Non obstante, nas publicacións actuais da ACS non sempre se inclúen todos estes elementos.