Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Estilo ACS

Referencias de capítulos de libros

Apelido(s), Iniciais autor/es. Título do Capítulo ou Parte. En Título: Subtítulo da Obra Principal en cursiva, Edición (se non é a primeira); Apelido(s) , Iniciais do editor/es., Eds.; Editorial: Lugar de publicación, Ano; pp
  • Aplícase a capítulos ou partes  de obras que teñan títulos e autores individuais, distintos dos editores da obra. Se os editores da obra o son tamén dos capítulos, debe citarse coma un libro enteiro.
  • O título e subtítulo da obra principal van en cursiva. 
  • Nos títulos e subtítulos a primeira letra de todas as palabras principais irán en maiúscula.

Exemplos capítulo dun libro

Almlof, J.; Gropen, O. Relativistic Effects in Chemistry. En Reviews in Computational Chemistry; Lipkowitz, K. B., Boyd, D. B., Eds.; VCH: New York, 1996; Vol. 8, pp 206-210.

Ford H. L.; Sclafani R. A.; Degregori J. Cell Cycle Regulatory Cascades. In Cell Cycle and Growth Control: Biomolecular Regulation and Cancer, 2nd ed.; Stein G. S., Pardee A. B., Eds.; Wiley-Liss: Hoboken, NJ, 2004; pp 42-67.

 Exemplo parte dunha enciclopedia con título individual e autores da parte

Dorfman, J. R. Kinetic Teory: Transport and Fluctuations. En Encyclopedia of Chemical Physics and Physical Chemistry; Moore, J. H., Spencer, N. D., Eds.; Institute of Physics: Bristol, U.K., 2001; Vol. 1, pp 573-595.

Exemplo parte dunha enciclopedia con título individual pero sen autores:

Polybenzimidozoles. In Van Nostrand's Scientific Encyclopedia, 9th ed.; Considine, D. G., Kulik, P. H., Eds.; Wiley-Interscience: New York, 2002; Vol. 2, p 2807.

Apelido(s), Iniciais autor/es. Título do Capítulo ou Parte. En Título: Subtítulo da Obra Principal en cursiva [En liña], Edición (se non é a primeira); Apelido(s) , Iniciais do editor/es., Eds.; Editorial: Lugar de publicación, Ano; páxinas. URL (consultado día mes ano).
  • Aplícase a capítulos ou partes  de obras que teñan títulos e autores individuais, distintos dos editores da obra. Se os editores da obra o son tamén dos capítulos, debe citarse coma un libro enteiro.
  • O título e subtítulo da obra principal van en cursiva. 
  • Nos títulos e subtítulos a primeira letra de todas as palabras principais irán en maiúscula.

Exemplos:

Oleksyn, B. J.; Stadnicka, K.; Sliwinski, J. Structural Chemistry of Enamimes: A Statistical Approach. En The Chemistry of Enamimes [En liña]; Rappoport, Z., Ed.; Wiley: New York, 1994; pp 87-218. http://www3.interscience.wiley.com/cgi-bin/summary/109560980/summary (consultado 24 abril 2015).

Baldissera, A.; Ferreira, C. A. Clay-Based Conducting Polymer Nanocomposites. In Conducting Polymer Hybrids [Online]; Kumar, V., Kalid, S., Swart, H. C., Eds.; Springer Series on Polymer and Composite Materials; Springer International Publishing: Cham, Switzerland, 2017; pp 143-163. https://link.springer.com/book/10.1007%2F978-3-319-46458-9 (accessed Jun 17, 2024).