Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Estilo ACS

A listaxe de referencias

O estilo ACS establece que a lista de referencias irá ao final do documento co título References (Referencias).
A listaxe de referencias incluirá unicamente os recursos utilizados na realización do traballo, de maneira que cada cita no texto teña a súa correspondente referencia na listaxe final. 

As referencias ordenaranse en función do sistema utilizado para facer as citas no texto: numérico ou autor-data:

  • Se se empregou o sistema de autor-data, as referencias ordénanse alfabeticamente polos apelidos do primeiro autor.
  • Se se utilizaron citas numéricas, as referencias ordénanse numericamente.