Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Estilo ACS

Referencias de Fichas de Datos de Seguridade dos Materiais (MSDS)

Título en cursiva; Número MSDS; Empresa: Localización da empresa, Data.
  • Cando se cita unha folla de datos de seguridade deben incluírse: o título da folla de datos (que é o nome da sustancia), o número MSDS, a empresa de fabricación, a ubicación da empresa e a data do documento.

Exemplo:

Titanium Dioxide; MSDS No. T3627; Mallinckrodt Baker: Phillipsburg, NJ, Nov 12, 2003.

Título en cursiva; Número MSDS [En liña]; Empresa: Localización da empresa, Data. URL (consultado día mes ano).
  • Cando se cita unha folla de datos de seguridade deben incluírse: o título da folla de datos (que é o nome da sustancia), o número MSDS, a empresa de fabricación, a ubicación da empresa e a data do documento.
  • Na versión electrónica (obtida nunha web) engadirase o termo [En liña] e os datos de localización na web.

Exemplo:

Acetic Anhydride; MSDS No. A0338 [En liña]; Mallinckrodt Baker: Phillipsburg, NJ,  Feb 18, 2003. http://www.jtbaker.com/msds/englishhtml/a0338.htm (consultado 10 abril 2020).

1,4'-Bipiperidine, 99%; CAS RN: 4897-50-1; B22028; rev. 1 [Online]; Alfa Aesar, Thermo Fisher Scientific: Fair Lawn, NJ, February 20, 2018. https://www.alfa.com/en/catalog/sds/B22028/ (accessed Jun 13, 2019).