Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Estilo ACS

Citas no texto

O estilo ACS permite escoller unha destas tres formas para citar no texto: numérico con superíndices, numérico entre paréntese e autor/data.
Escoller unha delas dependerá dos requisitos do traballo ou da revista; non obstante, as revistas da ACS utilizan actualmente sistemas numéricos (entre paréntese na versión web e superíndices na versión en pdf).

1. Con números superíndices: colocados ao final da cita despois da puntuación correspondente ou mencionando o autor como parte da frase:

Oscillation in the reaction of benzaldehyde with oxygen was reported previously.3

Díaz García e Sanz Medel11 propuxeron unha nova forma de desoxixenar as disolucións que evita as molestias e problemas dos métodos usados ata entón.

2. Con números entre paréntese en cursiva: colocados ao finalizar a cita antes da puntuación correspondente ou mencionando o autor como parte da frase:

The mineralization of TCE by a pure culture of a methane-oxidizing organism has been reported (6).

Díaz García e Sanz Medel (11) propuxeron unha nova forma de desoxixenar as disolucións que evita as molestias e problemas dos métodos usados ata entón.

3. Autor/data: poñendo o nome do autor e o ano de publicación entre paréntese ou mencionando o autor como parte da frase e o ano entre paréntese: 

The primary structure of this enzyme has also been determined (Finnegan, 2004) 

Díaz García e Sanz Medel (1996) propuxeron unha nova forma de desoxixenar as disolucións que evita as molestias e problemas dos métodos usados ata entón.

Pautas xerais

- Sistemas numéricos (superíndice ou entre paréntese):

  • As referencias vanse numerando a medida que se citan no texto, táboas, figuras etc. No caso de citar a mesma fonte en varias ocasións, usarase sempre o mesmo número que se lle deu anteriormente. 
  • Cando se cita máis dunha referencia no mesmo lugar enuméranse en orde ascendente e separados por comas (sen espazos se se trata de superíndices e con espazos sen van entre paréntese). Se as referencias forman parte dunha serie consecutiva, úsase un guion para indicar o rango de tres ou máis.

   Exemplos:

The COVID-19 pandemic, caused by the severe acuterespiratory syndrome-related coronavirus 2 (SARS-COV-2),1 responsible for a vast amount of deaths and economicdisruption across the globe.2 Despite the development andapproval of vaccines,3-5 and the antiviral drug Paxlovid, whichtargets the SARS-COV-2 virus,6 COVID-19 continues tospread and remains a severe health risk, particularly for peoplewith underlying conditions.7

The COVID-19 pandemic, caused by the severe acute respiratory syndrome-related coronavirus 2 (SARS-COV-2) (1), is responsible for a vast amount of deaths and economic disruption across the globe (2). Despite the development and approval of vaccines (3−5), and the antiviral drug Paxlovid, which targets the SARS-COV-2 virus (6), COVID-19 continues to spread and remains a severe health risk, particularly for people with underlying conditions (7). 
 

- Sistema autor-data:

  • Se se citan dous autores, póñense os apelidos dos dous unidos por "and" ou “e” se o documento o redactamos en galego:

(Díaz e Sanz, 2006)
(Johnson and Brown, 2018)

  • Se se citan máis de dous autores ponse o primeiro seguido de “et al.”:

(Finnegan et al., 2004)

  • Se se cita máis dunha referencia no mesmo lugar, sepáranse por punto e coma ordenándose alfabeticamente polos apelidos:

(Finnegan, 2013; Schmidt and Kleim, 2019)