O Estilo ACS é o adoptado pola American Chemical Society e o máis empregado no ámbito da Química.
Esta guía está baseada na 3ª edición de "The ACS style guide : effective communication of scientific information", que proporciona directrices sobre todos os aspectos do proceso de escritura, incluíndo as normas para citar no texto e a elaboración das referencias bibliográficas. Non obstante, as recomendacións establecidas nese manual non coinciden coas publicacións actuais da ACS.