As ferramentas de intelixencia artificial xerativa (IAX) facilitan a creación de contido, permiten xerar texto, producir imaxes ou elementos gráficos, análise de datos etc.
Pero non verifican a fiabilidade da información que ofrecen. En moitas ocasións ofrecen información que aparentemente procede de fontes fiables, pero que en realidade é información falsa xerada polas propias ferramentas. É dicir, "inventan" estudos e artigos que non se publicaron e poden incluír referencias bibliográficas falsas.
Por iso as ferramentas de intelixencia artificial xerativa (ChatGPT, Gemini ou Copilot) non poden substituír os buscadores de información científica. Non debes usar as ferramentas de intelixencia artificial para buscar información.
Por outra banda, os contidos xerados por IAX explotan a propiedade intelectual das persoas, o que comporta preocupacións éticas relativas á orixinalidade e o plaxio. Así pois, debes utilizar a IA de maneira ética, responsable e sabendo os riscos e consecuencias que entraña.
Cando asinas un traballo, es responsable do seu contido, tamén das partes producidas pola IAX.
Non podes usar ferramentas de intelixencia artificial xerativa (IAX) para buscar información. Pero si poden axudar en determinados aspectos da elaboración do traballo:
Ten en conta que sempre que utilices ferramentas de IAX debes revisar o resultado e lembra que a información que proporcionan as IAX non é fiable.
Se utilizas algunha ferramenta de intelixencia artificial xerativa (IAX) na elaboración do teu traballo de fin de grao, debes indicalo no propio traballo:
Esta información debe ir incluída na metodoloxía empregada, e pode en certos casos aparecer nas referencias bibliográficas, se empregas algún estilo de citas que o permita (como MLA). En calquera caso, lembra que unha ferramenta de IAX nunca pode ser considerada autora.
A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (EET) da Universidade de Vigo conta cunha normativa propia sobre o uso da IA xerativa na docencia, que inclúe varios apartados relacionados co uso destas ferramentas na elaboración de traballos académicos. Aínda que esta normativa só afecta ao alumnado da EET, é moi recomendable para todo o alumnado da universidade que utilice ferramentas de intelixencia artificial xerativa nos seus traballos académicos: