Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Como afrontar o TFG

Onde buscar información

Para realizar o teu TFG será imprescindible o uso de fontes de información que che permitan documentarte e obter os datos e a información relevante sobre o tema escollido. 

O termo "fontes de información" refírese tanto as ferramentas que empregamos para buscar (bases de datos, buscadores, repositorios...) coma os propios “documentos” (libros, artigos, normas técnicas etc.) en calquera formato.  

A Biblioteca ofréceche unha ampla oferta de recursos de información científica e académica que non localizarás libremente na rede porque requiren subscrición, polo que só se pode acceder a eles como membro da universidade.
Aos recursos da Biblioteca accédese dende a páxina "web da Biblioteca" premendo no apartado "Atopar información".

Dende esta páxina tes acceso ao Buscador Perseo, a Recursos electrónicos e ás principais bases de datos multidisciplinares (Scopus, Web of Science, Dialnet Plus).

Tamén dispós das Biblioguías temáticas elaboradas pola biblioteca, que recollen os recursos de información académica e científica nos distintos ámbitos, polo que che recomendamos que consultes a Biblioguía temática correspondente aos teus estudos.