Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Como afrontar o TFG

Presentación

O TFG é un traballo persoal e orixinal que cada estudante realizará de maneira autónoma baixo titorización docente, e debe permitirlle mostrar de forma integrada a adquisición dos contidos formativos e as competencias asociadas ao título.

Esta guía ofréceche consellos para a elaboración do teu traballo fin de grao, especialmente dirixidos a:

  • Buscar información: como construír unha procura bibliográfica, que fontes consultar e como xestionar a documentación que utilices para o traballo. 
  • Citar as fontes impresas e electrónicas usando o estilo de cita adecuado, facendo así un uso responsable, ético e legal da información. 
  • Empregar unha metodoloxía básica para a redacción e defensa do traballo fin de grao.