O TFG é un traballo persoal e orixinal que cada estudante realizará de maneira autónoma baixo titorización docente, e debe permitirlle mostrar de forma integrada a adquisición dos contidos formativos e as competencias asociadas ao título.
Esta guía ofréceche consellos para a elaboración do teu traballo fin de grao, especialmente dirixidos a:
- Buscar información: como construír unha procura bibliográfica, que fontes consultar e como xestionar a documentación que utilices para o traballo.
- Citar as fontes impresas e electrónicas usando o estilo de cita adecuado, facendo así un uso responsable, ético e legal da información.
- Empregar unha metodoloxía básica para a redacción e defensa do traballo fin de grao.
