Consulta o regulamento do teu grao no que se refire á defensa do TFG para ver o tempo de exposición, os criterios de cualificación e avaliación etc.
A defensa do TFG é unha parte esencial do proceso que convén que non descoides. Á hora de preparar a exposición é recomendable elaborar un guión previo cos contidos a desenvolver seguindo este esquema:
Podes apoiar a túa exposición con calquera tipo de material visual (diapositivas, póster etc.) sempre que cho permita o regulamento e a tecnoloxía da aula.
A presentación visual non é a versión reducida do TFG senón un apoio á exposición. A súa estrutura debe ser un reflexo da propia estrutura da exposición, e non debe conter un número excesivo de diapositivas: un número suficiente pero non excesivo para saturar a presentación.
Existen diversos programas que permiten crear presentacións visuais como PowerPoint (Microsoft), Impress (OpenOffice), Google Slides etc. Ademais, dispós doutras ferramentas que normalmente teñen unha versión gratuíta e outra de pago, entre elas: Genially, Emaze, Canva, Prezi, Knovio, Visme, Haiku Deck e ZohoShow.
Se optas por unha presentación con diapositivas ten en conta estas recomendacións relativas ao deseño e estilo:
Para a defensa do TFG non basta con preparar o discurso e unha presentación visual. Debes ensaiar e ensaiar para lograr unha boa exposición oral e ter en conta estes consellos relativos á linguaxe verbal e non verbal: