Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Como afrontar o TFG

Recursos electrónicos

A través da ligazón Recursos electrónicos podes acceder a todas as bases de datos, portais de revistas e libros electrónicos que a biblioteca selecciona e pon á túa disposición. Algúns son recursos de acceso aberto, pero a maioría son adquiridos por subscrición. 

Listaxe recursos electrónicos A-Z

Neste vídeo explicámosche o seu funcionamento:

Vídeo: “Recursos electrónicos A-Z”. Duración: 2:37 min. (Biblioteca Universitaria de Vigo)

Acceso aos recursos-e desde fóra da UVigo

A consulta dos recursos electrónicos subscritos pola biblioteca da Universidade de Vigo só está permitida ás persoas que forman parte da comunidade universitaria.

Cando realizas a consulta conectado á rede da universidade, o acceso, na maioría dos casos, é directo, non require ningunha identificación. Pero se accedes aos recursos electrónicos subscritos pola Biblioteca desde fóra da Universidade, tes que identificarte como membro da comunidade universitaria.

Na guía Acceso aos recursos-e desde fóra da UVigo dispós de toda a información.