Dialnet é unha das maiores bases de datos de contidos científicos en linguas iberoamericanas, fundamentalmente en ciencias humanas, xurídicas e sociais.
Recolle unha gran variedade de recursos documentais: artigos de revista, libros, capítulos de libros, teses, actas de congresos e recensións bibliográficas.
Dialnet dispón dunha versión libre gratuíta, pero se accedes como membro da Universidade de Vigo tes acceso a Dialnet Plus, que proporciona unha serie de servizos de valor engadido como filtrar os resultados por distintos criterios e exportalos a un xestor bibliográfico ou envialos por correo electrónico.
Para acceder a Dialnet Plus desde fóra da Universidade terás que rexistrarte ou configurar o proxy no teu navegador.
Neste vídeo explícase como consultar Dialnet Plus.