Perseo é a ferramenta de descubrimento da Biblioteca que permite buscar en toda a súa colección, tanto impresa como electrónica, documentos de diferentes tipos: libros, revistas, capítulos de libros, artigos de revistas, teses etc., susbscritos pola Universidade de Vigo ou de acceso aberto.

Neste vídeo tes unha pequena introdución a Perseo e os distintos tipos de buscas que podes facer.
Para saber máis sobre todas as posibilidades que che ofrece este buscador, consulta a Guía de Perseo.