A ciencia aberta é unha nova forma de facer e difundir a ciencia, que busca estender os principios de apertura a todo o ciclo de produción científica, entre eles o acceso aberto aos resultados de investigación: publicacións, datos, protocolos, metodoloxías, software etc.
No marco das políticas de ciencia aberta inclúese a xestión e o intercambio dos datos de investigación coa finalidade de que estes estean accesibles e se poidan reutilizar.
Nesta liña, a Estrategia Nacional de Ciencia Abierta (ENCA) recolle entre os seus obxectivos fomentar a adecuada xestión dos datos de investigación xerados polo sistema nacional de I+D+i a través dos principios FAIR (Findable, Accesible, Interoperable, Reusable) para aumentar a súa localización, accesibilidade, interoperabilidade e reusabilidade.
