O Plan de Xestión de Datos de Investigación debe incluír as licenzas baixo as cales os datos estarán dispoñibles.
As licenzas serven para coñecer se os datos son abertos, requiren de permisos para o seu uso ou están baixo algunha restrición.
Horizonte Europa, no seu mandato para a xestión de datos de investigación, ademais de requirir depositar os datos nun repositorio de confianza pon énfase en ofrecer acceso aberto a eles de conformidade co principio «tan abertos como sexa posible, tan pechados como sexa necesario».
Seguindo este principio, é conveniente engadir licenzas de uso o máis abertas posible. Con todo, poden darse circunstancias que limiten o acceso aberto aos datos. Entre as situacións máis frecuentes están:
As licenzas máis empregadas a nivel internacional para indicar o tipo de uso permitido dos datos de investigación que se queren difundir en acceso aberto e promocionar a súa reutilización son Creative Commons e Open Data Commons.
Tamén hai licenzas específicas para software, entre elas Apache e GNU. As máis habituais poden localizarse en https://choosealicense.com/ e https://tldrlegal.com/.
Ademais, existen ferramentas que axudan na elección da licenza de uso correcta para os datos e/ou software como o asistente de licenzas de Creative Commons ou License Selector.
Máis información sobre as licenzas Creative Commons na Biblioguía Licenzas Creative Commons.