Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Datos de investigación

Citar os datos de investigación

Do mesmo xeito que sucede coas publicacións, hai que citar os datos doutros investigadores que empreguemos nos nosos traballos.
Os datos deben citarse incluso se non están dispoñibles, total ou parcialmente, ou dispoñibles con restricións de acceso.

Citar correctamente os datos permitirá:

  • Facilitar a identificación, acceso, verificación e reutilización.
  • Recoñecer a autoría dos creadores ou creadoras. 
  • Darlles unha maior difusión e visibilidade.
  • Facer un seguimento do impacto que poidan ter.

Os datos pódense citar en calquera estilo bibliográfico: APA, Vancouver, Harvard etc., pero para realizar unha correcta citación recoméndase:

  • Citar cada conxunto de datos de forma independente.
  • Incluír unha serie de datos mínimos: autor, data, título, tipo de recurso
  • Facilitar un identificador único persistente (DOI, handle etc.).

citar datos investigación

Fonte: "Cita os teus datos de investigación" REBIUN

 

A guía "Data citation: a guide to best practice" (2022) publicada pola Unión Europea recolle recomendacións e boas prácticas sobre como citar datos.