Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Datos de investigación

Que son os datos de investigación?

Os datos de investigación son todo aquel material xerado, recompilado, observado ou rexistrado durante o ciclo de vida dun proxecto de investigación e que se utiliza como evidencia deste, está recoñecido pola comunidade científica e serve para validar os resultados da investigación e garantir a súa reproducibilidade.

Estes materiais normalmente son heteroxéneos e complexos, pois creáronse para propósitos e mediante procesos distintos.

Tipos de datos de investigación

Os datos de investigación xéranse en calquera rama do coñecemento como resultado de moi diferentes técnicas ou metodoloxías, configurando conxuntos heteroxéneos de datos ou datasets en calquera formato e soporte.

Os datos de investigación pódense clasificar en varias categorías segundo o nivel de procesamento, a fonte da que proveñen, a forma ou tipo e o formato:

  • Datos primarios ou sen procesar: datos orixinais que foron colleitados pero aínda non foron procesados ou analizados. Algúns exemplos son os rexistros sonoros, observacións, notas de campo ou datos de experimentos.
  • Datos procesados: datos que foron dixitalizados, traducidos, transcritos, limpados, validados, verificados e/o anonimizados.
  • Datos analizados: modelos, gráficos, táboas, textos etc., que foron creados a partir dos datos primarios e procesados, e que se pretende sexan de axuda no descubrimento de información útil, a presentación de conclusións e a toma de decisións.
  • Datos canónicos ou de referencia: sets de datos que poden empregarse para validación, comparación ou busca de información (por exemplo: secuencias do xenoma humano, estruturas químicas ou portais de datos espaciais).
  • Datos experimentais: datos xerados en experimentos científicos e que normalmente son reproducibles.  
  • Modelos ou simulacións: datos xerados en computadores por algoritmos, modelos matemáticos ou simulacións de experimentos.
  • Datos derivados ou compilados: sets de datos creados ao tomar datos xa existentes e realizar algún tipo de manipulación sobre os mesmos.
  • Datos observacionais: datos producidos ao rexistrar observacións dun evento específico e posiblemente irrepetible, nun lugar e tempo dados.
  • Documentos de texto electrónicos
  • Ficheiros de datos
  • Cadernos de campo ou anotacións de laboratorio
  • Cuestionarios ou transcricións
  • Fotografías ou películas
  • Rexistros sonoros
  • Mostras, artefactos ou espécimes
  • Obxectos dixitais
  • Modelos, algoritmos ou scripts
  • Bases de datos
  • Metadatos
  • Esquemas de metadatos
  • Configuracións de software
  • Arquivos de pre ou post procesamento de software
  • Textuais: Microsoft Word, PDF, RTF, ODT …
  • Numéricos: Excel, CSV…
  • Multimedia: JPEG, MPEG…
  • Estruturados: XML, bases de datos MySQL…
  • Código de software: Java, C…
  • Específicos dun software: Mesh, 3D CAD, modelo estatístico …
  • Específicos dunha disciplina: FITS en astronomía, CIF en química etc.
     

O ciclo dos datos científicos

ciclo datos  científicos

Fonte: "O ciclo dos datos científicos" REBIUN

Datos de investigación e Horizonte Europa

Os proxectos de investigación financiados polo Programa Horizonte Europa que xeren ou reutilicen datos están obrigados a cumprir cos seguintes requisitos

  • Elaborar un plan de xestión de datos e mantelo actualizado ao longo do proxecto.
  • Realizar unha xestión responsable dos datos da investigación en consonancia cos principios FAIR
  • Depositar os datos nun repositorio de confianza e proporcionar acceso aberto aos mesmos («tan aberto como sexa posible, tan pechado como sexa necesario»), e información sobre calquera resultado da investigación ou calquera outra ferramenta ou instrumento necesario para reutilizar ou validar os datos.