Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Datos de investigación

Publicar os datos de investigación en revistas

Ademais do depósito en repositorios é posible publicar os datos de investigación en revistas, ben como material complementario do artigo nunha revista tradicional ou ben en revistas de datos ou data journals, especializadas en publicar estes materiais. 
A difusión dun dataset a través de revistas é unha vía complementaria ao seu depósito en repositorios para os casos nos que a súa revisión por pares e publicación ten un interese intrínseco adicional. 

As revistas de datos ou data journals publican data papers, que son artigos centrados nos datos en si mesmos (descrición, metodoloxía, motivación etc.) e revisados por pares. O propósito dunha revista de datos é proporcionar un acceso rápido a conxuntos de datos de alta calidade que sexan de amplo interese para a comunidade científica.

Existen múltiples data journals, tanto temáticos coma multidisciplinares, que se poden localizar en Zenodo List of Data Journals.