Os datos poden publicarse ou depositarse nun repositorio xunto a documentación necesaria para facilitar a súa reutilización.
Existen múltiples repositorios de datos, "OpenAIRE Research Data Management Briefing paper" recomenda en primeiro lugar escoller repositorios específicos da disciplina, xa que teñen os coñecementos e a experiencia na xestión de datos no seu contexto.
Imaxe: "OpenAIRE Research Data Management Briefing paper"
Estas son outras consideracións a ter en conta á hora de seleccionar un repositorio de datos:
Science Europe publicou a "Practical Guide to the International Alignment of Research Data", onde se recollen unha serie de criterios para seleccionar repositorios de datos fiables.
Aceptan o depósito de datos de calquera área temática, entre eles están:
No documento "Generalist Repository Comparison Chart" faise unha comparativa dos principais repositorios multidisciplinares ou xeneralistas.
Ademais dos repositorios enumerados anteriormente, é posible localizar outros a través de directorios e buscadores de repositorios de datos como: