Existen diferentes ferramentas para localizar datos de investigación que poden ser reutilizados, entre eles:
Todos os datos de investigación xerados dun proxecto de investigación deben almacenarse en diferentes formatos e arquivos. Nun Plan de Xestión de Datos débese detallar o formato no que os datos da investigación serán recollidos e almacenados.
É recomendable que o almacenamento destes datos se realice en formatos estándar, en aberto, sen cifrar e sen comprimir, garantindo o seu acceso a longo prazo.
Denomínase formato estándar aquel que a maioría dos softwares son capaces de interpretar e que é adecuado para o intercambio e a transformación dos datos.
Cada tipo de datos de investigación ten formatos recomendados e non recomendados (DANS). De forma xeral, cada convocatoria soe indicar os formatos axeitados para cada tipo de datos.
A nomenclatura utilizada para nomear estes ficheiros debe plasmar o seu contido e ser inequívoca.
Existen algunhas recomendacións para nomear os arquivos:
Cómpre describir os datos para poder identificalos e organizalos. Esta descrición faise a través dos metadatos, conxunto de información estruturada que ha de recoller a orixe, propósito, referencia temporal, localización xeográfica, creador, condicións de acceso e termos de uso dun dataset.
Os metadatos estrutúranse en rexistros conforme a esquemas normalizados que deben utilizarse para unha correcta descrición, interpretación e reutilización dos datos de investigación. Existen varios estándares de metadatos, normalmente cada área de coñecemento ten o seu estándar propio e as súas ferramentas (que facilitan a creación e/ou captura de metadatos), e no caso de que non existan para unha disciplina pódense usar outros esquemas xenéricos:
Os datos sensibles son datos que deben protexerse contra unha divulgación non desexada. A protección de datos sensibles pode ser necesaria por motivos legais ou éticos.
Exemplos de datos sensibles son:
En particular, deben tratarse con coidado os datos de investigación que conteñan datos persoais cos que poida identificarse, directa ou indirectamente, a unha persoa. A protección de datos persoais é unha cuestión prioritaria, polo que se debe planificar desde o comezo do proxecto de investigación xa que afecta ao medio de almacenamento elixido, ao acceso aos datos, á compartición de copias, aos protocolos de seguridade, ao tratamento de datos persoais etc.
Cando se almacenan datos sensibles, se resulta necesario os datos serán:
Técnicas para a seudonimización dos datos:
Técnicas para a anonimización dos datos:
Ademais, debe obterse consentimento informado das persoas implicadas no proxecto para o tratamento dos seus datos. Consentimento informado é o procedemento mediante o cal se garante que o suxeito expresou voluntariamente a súa intención de participar na investigación, despois de comprender a información que se lle deu, acerca dos obxectivos do estudo, os beneficios, as molestias, os posibles riscos, os seus dereitos e responsabilidades.
Normativa: