Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Perseo, o buscador da biblioteca

Bibliografía recomendada

En Perseo podes localizar as publicacións que recomenda o profesorado nas súas guías docentes para a preparación da materias de varias formas:

- Desde o menú "Bibliografía recomendada

bibliografía recomendada Perseo

1. Selecciona no menú superior  "Bibliografía Recomendada".
2. Introduce o nome da materia en galego.
3. Podes engadir o nome do grao ou mestrado para precisar máis a busca.

- Busca simple

Introduce os termos na caixa e selecciona o perfil "Bibliografía recomendada". 

- Busca avanzada

1. En “Criterio de busca” selecciona “Bibliografía recomendada”.
2. En “Filtros de busca” selecciona “Nome da materia” e “é (exacto)” e introduce o nome da materia en galego.

Outros filtros de busca para localizar a bibliografía son o nome do/a profesor/a, código da materia e nome do grao/mestrado.

bibliografía recomendada busca avanzada

 

Todas estas opcións darán como resultado a bibliografía recomendada incluída nas guías docentes. Se estas publicacións están indicadas para varias materias, nos filtros da esquerda verás todas as materias e titulacións para as que están recomendadas.

resultados bibliografía recomendada