Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Perseo, o buscador da biblioteca

Exportar resultados

Perseo ofrece unha serie de funcionalidades entre as que están as de exportar rexistros:    

  • Exportar aos xestores bibliográficos RefWorks e Endnote.
  • Exportar en formato BibTeX e RIS (formatos de arquivo para exportar a información bibliográfica).
  • Imprimir.
  • Enviar por correo electrónico.

Estas opcións, dende a páxina de resultados, visualízanse premendo nos tres puntos Icona tres puntos 

exportar resultados Perseo

Se prememos nos tres puntos Icona tres puntos dun único resultado, aparecen tamén as opcións de xerar unha cita en varios estilos e unha ligazón permanente:

exportar resultados Perseo

Se visualizamos a información completa, aparecen todas as funcionalidades directamente:

exportar resultados Perseo