Perseo é a principal ferramenta de busca de información que a Biblioteca da Universidade de Vigo pon á túa disposición. En Perseo podes localizar documentos impresos e electrónicos (libros, revistas, artigos, capítulos de libro etc.), tanto subscritos pola UVigo como de acceso aberto. Ademais, permite recuperar o contido do repositorio institucional Investigo.

Perseo busca na maior parte dos contidos subscritos pola Biblioteca, pero non en todos. As excepcións inclúen as seguintes bases de datos:
Podes acceder a Perseo desde a Web da biblioteca > Atopar información ou directamente desde o enderezo: https//perseo.uvigo.gal.
Calquera persoa pode usar Perseo, pero se, ademais, es membro da comunidade universitaria ou persoa usuaria externa autorizada, podes acceder aos servizos personalizados autenticándote. Para iniciar sesión, preme na parte superior dereita en "Iniciar sesión" ou en "Menú >Tarxeta da Biblioteca".
Vantaxes do acceso autenticado:
Neste vídeo tes unha breve introdución ao buscador Perseo.