Perseo é unha ferramenta que permite buscar en todos os recursos da biblioteca da Universidade de Vigo mediante unha busca simple ou avanzada.

A busca simple realízase escribindo un ou máis termos sobre os que queres atopar información no cadro principal: palabras do título, autor ou palabras clave. Se queres buscar termos compostos, escríbeos entre comiñas.
Selecciona onde queres realizar a busca (todos, catálogo, recursos electrónicos ou reservas de cursos) e fai clic na lupa:

A busca avanzada permite seleccionar campos de busca e combinalos: título e autor, título e tema etc. Tamén permite definir filtros antes de iniciar a busca: tipo de material, data e idioma.
