Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Perseo, o buscador da biblioteca

Busca de teses e escritos académicos

Podes localizar as teses de doutoramento e outros escritos académicos incluídos na colección da biblioteca usando tanto a busca simple como a avanzada.

Na busca simple, despois de lanzar unha busca, filtra os resultados co filtro "Teses de doutoramento". Perseo permite delimitar as teses que están en liña, en acceso aberto ou en formato impreso dentro da biblioteca.

busca simple tese Perseo

Na pantalla de resultados escolle a tese de doutoramento que che interesa, e comproba a localización e/ou dispoñibilidade.

tese información completa Perseo

Na busca avanzada, para localizar as teses tes que seleccionar a opción "Todo" e no tipo de material "Teses de doutoramento". Podes delimitar a busca cos filtros título, autor/a, tema, idioma e ano. Unha vez establecidos os criterios preme en "Buscar".

busca avanzada tese

Na pantalla de resultados escolle a tese de doutoramento que che interesa, e comproba a localización e/ou dispoñibilidade.

tese información completa Perseo