"Os meus favoritos" é un espazo de Perseo no que, entre outras cousas, podes gardar resultados e buscas.
Para acceder preme na icona da chincheta no menú superior ou en “Menú > Os meus favoritos”.

No apartado “Os meus favoritos” aparecen tres opcións: rexistros gardados, historial de busca e buscas gardadas (esta última só se inicias sesión).

Desde a páxina de resultados podes gardar un ou máis rexistros para poder recuperalos posteriormente. Se non iniciaches sesión, os rexistros gardaranse só mentres mentres realizas a consulta:

Os rexistros gardados quedan no apartado correspondente de "Os meus favoritos". Se non iniciaches sesión, os rexistros gardaranse só mentres realizas a consulta.
En “Rexistros gardados” aparecen varias opcións:

Para volver á páxina de resultados preme na lupa do menú superior.

As etiquetas permiten clasificar os rexistros gardados e facilitar a súa identificación e recuperación.
Para por etiquetas cómpre iniciar sesión e ir a "Os meus favoritos" - "Rexistros gardados". Podes asignar unha etiqueta existente, crear unha nova ou eliminala:

Se te identificaches en Perseo, podes gardar unha busca premendo en “Gardar busca”, que aparece enriba da listaxe de resultados.
Ao premer, aparece na parte superior a mensaxe “Gardouse esta busca nos seus favoritos” e dúas posibilidades: “Activar notificación para esta consulta” (no caso de querer establecer unha alerta) ou “Rexeitar”.

As buscas gardadas almacénanse en “Os meus favoritos” no apartado “Buscas gardadas”.

Podes executar de novo unha busca gardada para ver os resultados facendo clic no seu nome.
Dende aquí tamén podes:
No "Historial de busca" gárdanse as consultas realizadas durante a sesión; se estás identificado/a podes gardalas de maneira permanente.
Para acceder ao teu historial de buscas, preme no "Menú" e irás directamente ao "Historial de busca" ou accede dende "Os meus favoritos" ao apartado correspondente:

Desde o historial poderás ver cronoloxicamente todas as consultas realizadas e volver executar calquera delas. Ademais, poderás eliminalas ou gardalas como favoritas, isto último se te autenticaches previamente.
