Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Perseo, o buscador da biblioteca

Libros impresos

Para buscar en Perseo un libro impreso introduce na caixa un termo e selecciona "Catálogo" en calquera dos menús despregables. A continuación, preme na lupa para executar a busca.

Unha vez recuperados os resultados tes que aplicar, na parte esquerda da pantalla, os filtros "Libros" e "Na Biblioteca".

libro impreso Perseo

Preme no título que che interese para ver o rexistro completo. Para localizar o libro no estante da biblioteca necesitas coñecer a súa sinatura: está en "Obter→Localización dos exemplares" Comproba tamén que o libro apareza como dispoñible para o seu préstamo.

Na busca avanzada, para buscar libros impresos, selecciona a opción "Catálogo", e nos filtros da dereita, en tipo de material, escolle "Libros". Podes delimitar a busca cos filtros título, autor/a, tema, ISBN, idioma e ano. Unha vez establecidos os criterios para precisar os resultados preme en "Buscar".

libro impreso busca avanzada Perseo

 

Para localizar o libro no estante da biblioteca tes que tomar nota da sinatura. Esta pode verse no apartado "Obter→Exemplares da localización"; comproba que o libro apareza como dispoñible.

Libros electrónicos

Na busca simple, para atopar libros electrónicos selecciona a opción "Recursos electrónicos" e preme na lupa despois de introducir na caixa o termo da busca:

busca simple libro electrónico Perseo

Obterás unha lista de resultados, na que podes aplicar o filtro "Libro" na parte esquerda da pantalla, para eliminar aqueles resultados que non son libros (revistas electrónicas, capítulos, artigos etc.):

Preme no título ou en Dispoñible en liña para ver o rexistro completo do libro. No apartado "Ver en liña-Dispoñibilidade do texto completo" está a ligazón da editora ou plataforma de libros electrónicos que contén ese libro:

libro electrónico información completa

Ten en conta que se se trata dun libro electrónico que require subscrición, poderás ler o texto completo desde un ordenador conectado á rede da Universidade de Vigo (wifi ou eduroam) ou terás que identificarte como membro da Universidade de Vigo, se accedes desde fóra. Consulta a nosa guía Acceso aos recursos-e desde fóra da UVigo.

Cando queremos localizar libros electrónicos marcamos "Recursos electrónicos" e "Libros" nos criterios de busca. Podemos precisar a busca cos filtros título, autor/a, tema, ISBN, idioma e ano. Unha vez establecidos os criterios, prememos en "Buscar".

 

Na páxina de resultados, preme no título ou en "Dispoñible en liña" para ver o rexistro completo do libro.

 

Aparecerá o rexistro completo e teremos que ir a "Ver en liña-Dispoñibilidade do texto completo" onde está a ligazón da editora ou plataforma de libros electrónicos.

libro electrónico información completa Perseo

Ten en conta que se se trata dun libro electrónico que require subscrición, poderás ler o texto completo desde un ordenador conectado á rede da Universidade de Vigo (wifi ou eduroam) ou terás que identificarte como membro da Universidade de Vigo, se accedes desde fóra. Consulta a nosa guía Acceso aos recursos-e desde fóra da UVigo.