Podes ordenar os resultados dunha busca por relevancia, data, título ou autor/a:

Ademais, podes filtrar resultados para limitalos segundo a dispoñibilidade, o tipo de recurso, a biblioteca, autoría, data, idioma, materia, título de revista e novos rexistros.
A lista de filtros cambia en función da busca que realizaches, e adáptase aos resultados recuperados. Por exemplo, se realizas unha busca sobre un tema do que non dispoñemos de ningún documento físico na biblioteca, non aparecerá o filtro "Dispoñibilidade → Na Biblioteca". E se lanzas unha busca de Bibliografía recomendada, obterás os filtros de titulación e materia.
Podes aplicar os filtros para incluír ou excluír rexistros dos resultados da busca:


Cando remates, preme en APLICAR FILTROS.
En todo momento verás os filtros que tes activos. Podes eliminar os filtros desde a parte superior do menú coa opción "Restablecer filtros" ou desmarcalos un a un:

Se queres ampliar a túa busca a referencias que non proporcionen acceso ao texto completo,selecciona o filtro “Ampliar os resultados con referencias sen acceso ao texto completo”.
