Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Perseo, o buscador da biblioteca

Visualizar os resultados

Na páxina de resultados proporciónase información breve cos datos de título, autoría, ano de publicación, tipo de recurso e dispoñibilidade. Ademais amósanse estas funcionalidades:

  • Icona comiñas Icona comiñas en Perseo para crear unha cita (permite xerar unha referencia do documento en varios estilos predeterminados).
  • Icona sobre Icona sobre en Perseo para enviar o rexistro por correo-e.
  • Icona chincheta Icona chincheta en Perseo  para marcar/desmarcar o rexistro en favoritos e traballar con el posteriormente.
  • Se premes nos tres puntos Icona tres puntos aparecen outras funcionalidades que explicaremos no rexistro completo.

Tamén se indica cando as obras forman parte da bibliografía recomendada dalgunha materia e se unha publicación está en acceso aberto ou revisada por pares (publicación científica que superou un proceso previo de revisión por persoas especialistas):

rexistro breve Perseo


Se o recurso é electrónico e temos acceso ao texto completo do documento aparecerá .
Neste caso, se o recurso electrónico é de subscrición e accedes dende fóra da Universidade de Vigo, terás que identificarte como membro da comunidade universitaria. Consulta a guía "Acceso aos recursos-e desde fóra da UVigo" para máis información.

Nalgúns documentos (xeralmente artigos de revistas con revisión por pares) podes recuperar, a través das iconas das frechas, as citacións asociadas.

rexistro breve Perseo

Ao premer nas frechas verás as referencias dos documentos que citan a este (“Buscar recursos que citen isto”) e as referencias citadas no documento (“Buscar recursos citados nisto”):

Premendo no título accédese á información completa, que ofrece:

  • Información do documento: título, autoría, ano de publicación, dispoñibilidade etc.
  • Enviar a: con opcións para exportar aos xestores bibliográficos Refworks e Endnote, exportar nos formatos BibTeX e RIS, crear unha cita, xerar unha ligazón permanente ou enviar por correo electrónico.
  • Ver en liña→Dispoñibilidade do texto completo (no caso de recursos electrónicos): podes ver todas as fontes que proporcionan acceso ao texto completo dese documento, e outros datos de interese. Se o recurso electrónico é de subscrición e accedes dende fóra da Universidade de Vigo, terás que identificarte como membro da comunidade universitaria. Consulta a guía "Acceso aos recursos-e desde fóra da UVigo" para máis información.
  • Obter→Localizacións: permite localizar fisicamente o documento na biblioteca. Dentro de cada localización indícanos os exemplares que ten cada biblioteca, a dispoñibilidade do documento e o período de préstamo.
  • Bibliografía recomendada: cando o libro que estamos visualizando está recomendado na guía docente dalgunha materia, aquí podes ver para que materias está recomendado e outros libros recomendados nas mesmas materias.
  • No mesmo andel: permite examinar os libros que están situados no mesmo andel. Se o libro está en máis dunha biblioteca, os libros que aparecen son os que están situados no mesmo andel da primeira das bibliotecas.
  • Máis información: mostra o rexistro bibliográfico completo do documento e outras ligazóns.