A pestana "Detalles persoais" contén a información que consta na biblioteca: correo electrónico de contacto e a data de expiración da túa condición de usuario/a.

Aquí podes cambiar o teu idioma preferido, e as persoas usuarias externas e autorizadas poden modificar tamén o seu contrasinal de acceso.
Se es membro da comunidade universitaria, os teus datos de contacto proceden da Secretaría Virtual. Se queres modificar o teléfono ou o correo electrónico de contacto, tes que facelo alí: Secretaría Virtual > A miña conta > Perfil.