Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Refworks

Guía do xestor bibliográfico RefWorks

RefWorks é un xestor bibliográfico en liña subscrito pola Universidade de Vigo que permite: 

  • Crear unha base de datos persoal para almacenar e organizar referencias que proveñen de bases de datos, portais de revistas, buscador Perseo, Google Académico etc.
  • Gardar os documentos xunto coas referencias.
  • Compartir a información almacenada con outros usuarios/as.
  • Inserir citas e xerar bibliografías a partir da información almacenada e no estilo bibliográfico que necesites.

Para poder empregar Refworks tes que crear previamente unha conta.