Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Refworks

Guía do xestor bibliográfico RefWorks

Buscar e eliminar referencias duplicadas

RefWorks permite buscar e eliminar as referencias que teñas duplicadas na túa conta.
Podes acceder a esta funcionalidade no menú da barra superior premendo en "Herramientas" - "Encontrar duplicados", pero hai tamén outros atallos:

Antes de comezar decide se queres facer o control de duplicados:

  • En toda a base de datos.
  • Nunha carpeta concreta, na que tes que posicionarte previamente. 

Ademais podes escoller na "Configuración coincidente" que:

  • As referencias coincidan exactamente.
  • Referencias que sexan similares.

 

É recomendable que escollas a segunda opción para detectar referencias duplicadas nas que hai unha pequena variante, o que adoita ocorrer cando a mesma referencia se importa de diferentes recursos.

Se RefWorks localiza duplicados, proporciona unha lista preseleccionando a referencia máis recente para a súa eliminación.