Podes crear unha bibliografía simple ou "citas rápidas" directamente dende Refworks, indo á opción de "Crear bibliografía".
Esta opción é útil soamente no caso de traballos de pouca extensión ou cun número reducido de citas. Ten a vantaxe de que o podes empregar en calquera procesador de textos e non tes que instalar ningún complemento.

Dende Refworks podes xerar unha listaxe ou bibliografía simple:



Sitúate na carpeta que contén as referencias que queres citar no teu traballo ou selecciona as referencias entre "Todas las referencias", e preme en "Crear bibliografía">"Cita rápida".




IMPORTANTE: aínda que tamén se pode empregar con estilos numerados (Vancouver, IEEE etc.) é recomendable que nese caso se empregue o complemento RCM (RefWorks Citation Manager).