"Save to RefWorks" é un complemento que se instala na barra de favoritos do navegador. Ao navegar por un sitio web, base de datos, portal de revistas etc. no que aparezan referencias bibliográficas, poderánse gardar na conta premendo no marcador "Save to RefWorks". RefWorks tamén gardará os textos completos se os atopa.
Instalación:
1. Asegúrate de ter visible a barra de favoritos do navegador.
2. En RefWorks, selecciona "Herramientas>Extensiones y complementos".

3. En "Guardar referencias en la web" preme en "Instalar Save to RefWorks". Aparecerá un cadro de diálogo.

4. Arrastra e solta o complemento "Save to RefWorks" na barra de favoritos do navegador. O complemento queda instalado e premendo en calquera lugar da páxina péchase o cadro de diálogo.

Engadir referencias con "Save to RefWorks"
Para agregar unha referencia ou unha lista de referencias coa funcionalidade "Save to RefWorks":
1. Inicia sesión en RefWorks.
2. Ao navegar por calquera sitio web, base de datos, portal de revistas etc., que conteña referencias bibliográficas que queiras gardar, preme en "Save to RefWorks" instalado na barra do navegador.

3. Abriráse unha ventá lateral coa información capturada polo marcador que permitirá "Seleccionar todo" ou só as referencias que interese incorporar na conta.
