Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Refworks

Guía do xestor bibliográfico RefWorks

Eliminar carpetas

​​Se queres eliminar unha carpeta túa, preme sobre ela e despois nos tres puntos da dereita e "Eliminar". ​​
Ten en conta que desta forma eliminas a carpeta, pero non as referencias almacenadas nela que pasarán á carpeta do sistema "No está en la carpeta".

Eliminar referencias

  • Da carpeta do sistema "No está en la carpeta": selecciona as referencias que queiras eliminar e despois preme na barra do menú superior en "Eliminar" e en "Mover seleccionados a la papelera". 
  • Das túas carpetas: selecciona as referencias da carpeta que corresponda e preme en "Eliminar". Tés dúas opcións: "Eliminar desde la carpeta" co cal as referencias pasarán á carpeta do sistema "No está en la carpeta" ou "Mover seleccionados a la papelera".