RefWorks permite compartir carpetas e o seu contido. Tes varias formas de facelo:
- Dende a barra do menú lateral, elixe unha carpeta, preme nos tres puntos e logo en "Compartir".

- Abre unha carpeta concreta para visualizar o seu contido e despois preme no apartado "Compartir" - "Compartir carpeta" da barra superior do menú.

A continuación podes decidir na configuración:
- Quen pode acceder: por defecto ven marcado que só as persoas invitadas.
- URL Pública: se prememos en "Crear URL pública" xenérase unha url que podemos copiar e pegar en calquera lugar (páxina web, blog etc.) ou enviar a calquera persoa.
- Compartido con: se queres compartir cunha persoa que ten tamén unha conta en RefWorks. Ademais poderemos escoller os permisos que lle outorgamos:
