Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Refworks

Guía do xestor bibliográfico RefWorks

Antigas/os alumnos/as

Aínda que finalices os teus estudos ou a túa relación laboral ou investigadora coa Universidade de Vigo poderás seguir tendo acceso á túa conta de RefWorks sempre que a Biblioteca Universitaria manteña a subscrición. Para seguir usando RefWorks terás que facer uns pequenos cambios na configuración da túa conta. Segue os seguintes pasos:

Paso 1. Inicia sesión en RefWorks

Paso 2. Preme no teu nome, na parte superior dereita da pantalla, para ir a "Ajustes". 

Paso 3. En "Ajustes" fai os seguintes cambios:

  • No apartado "Función", selecciona "Ex-Alumno/a"
  • Cambia o teu e correo electrónico: elimina o correo institucional e substitúeo pola túa conta de correo persoal. Nesta conta recibirás as comunicacións de RefWorks e as mensaxes se solicitas restablecer o contrasinal.

  • Se adoitas iniciar sesión en RefWorks empregando o acceso institucional “Utilizar conexión de mi institución” (Institution Credentials) deberás facer outro cambio nos "Ajustes". Vai ao final da pantalla de "Ajustes" ata o apartado "Institution Credentials" e preme en "Remove Credentials" para eliminar a vinculación da túa conta coa institución.
     

  • Pedirache que establezas un novo contrasinal: “Establezca una contraseña para la cuenta” > “Crear una contraseña alternativa” para acceder á túa conta. Garda os cambios premendo en "Guardar contraseña y continuar".

Lembra que a partir de agora, para iniciar sesión en RefWorks, xa non poderás usar o sistema “Utilizar conexión de mi institución” e deberás usar o correo electrónico e o contrasinal que vés de cambiar nos axustes da conta.