Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Refworks

Guía do xestor bibliográfico RefWorks

Importar referencias

Para aqueles provedores de información (Scopus, ACM Digital Library etc.) que non permiten a exportación directa a Refworks podes empregar  a opción "Importar referencias". O procedemento consiste en: 

  • Realiza a busca na base de datos, selecciona as referencias que che interesen e gárdaas no teu ordenador nun ficheiro que terá un formato diferente segundo a base de datos empregada, RIS, Bibtex etc.
  • Dende a túa conta de RefWorks preme en "+Añadir" e escolle "Otros tipos de archivos".

 

 

 

  • Arrastra ou selecciona o arquivo que gardaches, e despois se Refworks non recoñece o formato do arquivo escólleo: RIS Format, Scopus, BiBtex, NLM PubMed etc.

 

 

Importar referencias doutro xestor

Se queres engadir referencias que proceden doutros xestores bibliográficos como poden ser Mendeley ou EndNote:

  • Ir a "+Añadir - Otros tipos de archivos"

a) No caso de Mendeley preme na opción correspondente e segue as indicacións.

b) Para importalas doutros xestores (Zotero, EndNote..) garda as referencias dende o xestor correspondente nun ficheiro con extensión RIS, despois preme en "seleccionar un archivo de su ordenador" ou ben arrastra o arquivo, a continuación selecciona o formato: RIS Format