Calquera problema cos datos pode xerar erros nas citas e referencias, polo que deberías:
Revisar que non haxa erros nas referencias. É recomendable que o fagas no momento de importalas. Se hai calquera problema coa calidade dos datos poden aparecer erros nas bibliografías.
Eliminar as referencias duplicadas.
Como crear citas e bibliografías
RefWorks permite inserir citas e xerar bibliografías de forma doada. Tes varias posibilidades:
Dende o propio xestor empregando as opcións do menú “Crear bibliografía” ou “Cita rápida". Recomendable só no caso de traballos curtos.
Empregando no teu procesador de texto o complemento RefWorks - RCM, que está dispoñible para Microsoft Word 2016, Office 365, iPad e Google Docs.