Accede a RefWorks en refworks.proquest.com ou desde a web da Biblioteca, no apartado "Servizos bibliotecarios - Refworks", e preme en "¿Primera vez en RefWorks? - Crear cuenta".
O sistema comprobará se a túa conta de correo electrónico pertence a unha institución subscrita a RefWorks. Escribe o teu correo institucional (@uvigo.es, @alumnos.uvigo.es, @uvigo.gal.) e preme en “Comprobar”.

Para completar o rexistro, Refworks ofrece dúas opcións:

Esta opción completa o rexistro en RefWorks empregando as túas credenciais de autenticación centralizada da Universidade de Vigo. Estas credenciais serán as que terás que empregar para iniciar sesión en RefWorks.
Localiza a institución escribindo na caixa "Vigo" e premendo en Universidade de Vigo.

Escribe as túas credenciais na ventá de identificación de usuario da "Autenticación centralizada" e completa o rexistro.

Con esta opción podes crear un contrasinal específico para a túa conta. Para iniciar sesión empregarás como usuario o teu enderezo de correo electrónico institucional e o contrasinal que escollas no proceso de rexistro.
